Cursos ponte de adaptación a Graos

 

 A oferta de prazas para a realización do curso de adaptación ao grao vai dirixida a quen estea en posesión da titulación universitaria oficial de ciclo curto requirida para cada caso, correspondente ao anterior sistema de ordenación das ensinanzas universitarias.

 

No seguinte enlace podes atopar un listado dos cursos ponte que se ofertan no Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra con indicación da titulación necesaria para o acceso, modelo de solicitude requirido por cada Facultade/Escola e un enlace á páxina web do centro de adscrición do curso na que podes ampliar esta información.

 

 PRAZOS DE SOLICITUDE

  • Primeiro prazo: Presentación de solicitudes do 12 ao 26 de xuño
    • Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 3 de xullo
    • Prazo de presentación de reclamacións: do 6 ao 8 de xullo
    • Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 16 de xullo
    • Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas: 21 de xullo
    • Prazo de presentación de reclamacións: do 22 ao 24 de xullo
    • Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas: 31 de xullo

 

  • Segundo prazo (no caso de haber menos persoas admitidas que prazas ofertadas)
    • Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 7 de agosto
    • Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 14 de agosto
    • Prazo de presentación de reclamacións: do 17 ao 19 de agosto
    • Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 1 de setembro
    • Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas: 4 de setembro
    • Prazo de presentación de reclamacións: do 7 ao 9 de setembro
    • Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas: 11 de setembro
    • Establecerase para cada prazo de admisión a posibilidade de efectuar chamamentos cada 3 días cando existan listaxes de agarda a fin de que non queden prazas vacantes.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  • Solicitude
  • Quen acadara o título noutra universidade deberá presentar fotocopia compulsada do título oficial ou certificación do pagamento dos prezos públicos de expedición do título que da acceso e unha certificación académica coas cualificacións obtidas para os efectos de valoración do expediente.
  • Documentación xustificativa que permita valorar a experiencia laboral e/ou os criterios específicos de selección indicados en cada caso.

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria que sexa precisa, dirixiranse ao órgano de dirección da Facultade /Escola da titulación de grao ofertada.


Quen non achegue a documentación no prazo de presentación de solicitudes, terá 3 días, contados a partir do seguinte ao do remate do mesmo, para incorporala, sendo suficiente notificación, para estes efectos, a información que figura na Convocatoria de matrícula 15/16. Quen finalmente non presente a documentación no prazo indicado, será excluído do proceso de admisión.

 

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Cada centro de estudos constituirá unha comisión de valoración das solicitudes admitidas a trámite que estará integrada como mínimo por un presidente, tres vogais (dous membros do profesorado e un membro do persoal de administración e servizos) e un secretario. Os centros que o consideren oportuno poderán determinar que sexa a súa comisión de recoñecementos e validacións quen asuma este procedemento.


Entre os criterios poderase valorar o expediente académico, a experiencia laboral e profesional, a universidade pola que se obtivo a titulación, o coñecemento de idiomas, os cursos impartidos ou recibidos e a posesión doutros títulos universitarios. Cada comisión ponderará os criterios específicos de selección segundo o baremo aprobado para cada caso e que é o que aparece no anexo V. A nota media do expediente calcularase de acordo co
protocolo de colaboración subscrito entre a consellería e as universidades galegas para a valoración dos expedientes académicos, resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecido no RD 1125/2003.


Naqueles casos nos que nun expediente non figure, en todas ou nalgunhas das materias, a cualificación numérica, a cualificación cualitativa da materia converterase en cuantitativa mediante a aplicación do seguinte baremo:

  • matrícula de honra: 10,00 puntos
  • sobresaliente: 9,00 puntos
  • notable: 7,50 puntos
  • aprobado: 5,50 puntos
  • adaptado/validado (cando non se especifique a cualificación obtida): 5,50 puntos
  • recoñecido (cando non teñen cualificación ou figuren coa mención de apto non se terán en conta para os efectos de cálculo da nota media)

Poderán recoñecerse materias do curso de adaptación ao grao agás o Traballo Fin de Grao que en ningún caso poderá ser obxecto de recoñecemento.

Todas as resolucións que se diten en aplicación deste procedemento deléganse no órgano de dirección do centro, facendo constar nas mesmas este carácter. As devanditas resolucións deberán ser motivadas, e nelas indicaranse as causas de exclusión e as reclamacións ou recursos que no seu caso lle sexan aplicables.

CRITERIOS ESPECÍFICOS DE SELECCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS

Consultar aquí

 

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise