Precios públicos

 

Precios matrícula

icono prezos

Pago

icono pagamento

Descuentos

icono descontos

Otros precios

icono taxas

 

Precios matrícula

Decreto 65/2017, de 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/2018.

Nas seguintes táboas podes consultar os prezos que hai que aboar para matricularse nas titulacións oficiais da Universidade de Vigo

 
Resolución Reitoral do 27 de xullo de 2017: Para o alumnado estranxeiro maior de 18 anos que non teña a condición de residente (excluídos os nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles aos que lle sexa de aplicación o réxime comunitario) estes prezos se incrementarán nun 25%.

Centros adscritos: Nalgúns Centros Adscritos ademais dos prezos establecidos polo Decreto tedes que aboar as mensualidades que cada centro estableza; para máis información aconsellamos contactar co propio centro:
  • Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
  • Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra
  • Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín
  • Escola Universitaria de Profesorado de Educación Xeral Básica "María Sedes Sapientae" de Vigo
  • Escola Universitaria de Enfermaría "Meixoeiro" de Vigo
  • Escola Universitaria de Enfermaría "POVISA" de Vigo
  • Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)

 

Pago

 

  • Modalidades de pagamento. Podes elixir entre:
    • Íntegro: aboarase o importe total da matrícula xa sexa en efectivo, con tarxeta ou por domiciliación bancaria.
    • Fraccionado: aboarase en 6 prazos, necesariamente por domiciliación bancaria. Os prezos correspondentes aos servizos administrativos serán cargados no primeiro prazo. Dependendo do día da formalización ou modificación da matrícula, os prazos serán distribuídos do seguinte xeito:

 

  • Formas de pagamento: Podes pagar a túa matrícula de tres formas
    • Efectivo: ao realizar o trámite de matrícula o programa informático emitirá un resgardo de pagamento. Debes dirixirte con él a unha oficina de Abanca, Banco Santander ou Caixabank no prazo indicado ao pe da folla de pagamento.
    • Tarxeta: podes realizar o pagamento no momento en que realizas o trámite de matrícula a través da pasarela que se abre no programa informático ao elixir esta opción.
    • Domiciliacion bancaria: no momento de realizar o trámite de matrícula tes que indicar o número da conta bancaria. Se non eres titular da conta tes que indicar o NIF, nome e apelidos da persoa titular. Ao finalizar o trámite de matrícula o programa informático xera de forma automática un impreso denominado SEPA que tes que imprimir, asinar ti e/ou o titular, e entregar na Secretaría de alumnado do Centro no que estudas.

 

Descuentos y exenciones

No momento de realizar o trámite de matrícula debes marcar no apartado Exencións todos os descontos/exencións aos que teñas dereito. Posteriormente terás que entregar na Secretaría de alumnado do Centro no que estudas a documentación que acredite o dereito.

 

  • Solicitante de bolsa xeral do MECD ou Goberno Vasco

Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou tes intención de solicitar unha bolsa MECD ou do Goberno Vasco, o pago da matrícula quedará paralizado ata que se resolva a túa solicitude. Se a solicitude fose denegada a Universidade xerará automáticamente un resgardo de pagamento do importe da matrícula.

  • Persoal das universidades públicas galegas

Cada ano as Universidades galegas realizan unha convocatoria. Para solicitar a subvención no momento de realizar o trámite de matrícula debes seleccionar esta opción. Unha vez confirmada a matrícula con exención se lle envía un correo electrónico á persoa titular do dereito co fin de que sexa aceptada a solicitude.

Documentación a presentar: solicitude de subvención e documentación que estableza a convocatoria.

  • Familia numerosa

Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial teras dereito ao desconto da metade ou do total do importe da matrícula.

Documentación a presentar: copia do título oficial de familia numerosa.

  • Discapacidade

Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33% terás dereito a un desconto do total do importe da matrícula.

Documentación a presentar: copia da certificación de discapacidade.

  • Matrícula de honra, premio extraordinario, medalla nas olimpiadas científicas

Se obtiveches matrícula de honra global en 2º de bacharelato, no último curso de Ciclo Superior, Premio extraordinario de bacharelato ou Ciclo Superior, ou Medalla nas Olimpiadas científicas nacionais e internacionais, terás dereito á exención total da matrícula.

Documentación a presentar: copia da certificación académica ou acreditativa do premio ou medalla.

  • Vítima de acto terrorista
  • Vítima de violencia de xénero

 

 

Otros precios

 Outros prezos que che poden interesar:

  • Certificación académica e traslado de expediente: 22,31 €

 

 

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal