Recoñecemento de créditos

PROCEDEMENTO

As chamadas convalidacións reciben agora nos graos o nome de "recoñecementos".

Podes solicitar na Secretaría de Alumnos da túa Facultade/Escola o recoñecemento de estudios anteriores que posúas. En cada un dos centros da uvigo existe unha comisión encargada de resolver todas as peticións dos alumnos. No momento oportuno chegarache unha Resolución que te informará sobre as materias que che recoñeceron e terás un prazo para a modificación de matricula, de ser o caso. (Consulta as condicións particulares na túa Secretaría)

PRAZOS

Podes consultar aquí os prazos xerais.

TIPOS DE RECOÑECEMENTOS

 

FP GRAO SUPERIOR

               RECOÑECEMENTOS DIRECTOS

Podes consultar nestes enlaces os recoñecementos acordados entre a Xunta e as Universidades galegas.

 

             GRAOS SEN TABOA DE RECOÑECEMENTO DIRECTO DE CRÉDITOS

Unha serie de titulacións universitarias oficiais de grao de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional.

No caso que consideres que existe correspondencia entre materias do teu título de FP superior e a titulación de Grao que esteas cursando podes solicitar igualmente na Secretaría de Alumnos da túa Facultade/Escola o recoñecemento dos créditos que consideres oportuno. A comisión do centro emitirá unha Resolución

As titulacións da uvigo que están neste caso son as seguintes:

  • Campus de Vigo
    • Escola de Enxeñaría Industrial
      • Grao en Enxeñaría eléctrica
      • Grao en Enxeñaría electrónica industrial e automática
      • Grao en Enxeñaría en organización industrial
      • Grao en Enxeñaría en química industrial
      • Grao en Enxeñaría en tecnoloxías industriais
      • Grao en Enxeñaría mecánica
    • Escola Universitaria de Maxisterio
      • Grao en Educación primaria
    • Facultade de Filoloxía e Tradución
      • Grao en Tradución e interpretación
  • Campus de Ourense
    • Facultade de Ciencias da Educación
      • Grao en Educación primaria
  • Campus de Pontevedra
    • Escola Universitaria de Fisioterapia
      • Grao en Fisioterapia

 DENDE OUTRO GRAO UNIVERSITARIO

Pendente de actualización

  • DE OUTRA UNIVERSIDADE

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal