Matrícula

 

 

¿Como podo facer a matrícula?

A matrícula nas nosas titulacións realizarase por ordenador, entrando no seguinte ENLACE. Se por algunha circunstancia non podes facer a matrícula virtualmente terás que dirixirte, dentro do teu prazo de matrícula, a Secretaría de Alumnado da Facultade/Escola onde vas estudar.

Lembra que:

  • No apartado de matrícula titulado EXENCIÓNS debes marcar todos os descontos aos que tes dereito segundo a túa situación. Se no momento da matrícula esqueciches marcalos, deberás dirixirte ao Servizo de Alumnado da Uvigo que resolverá o caso segundo a normativa vixente.
  • Se no momento de facer a matrícula xa tes solicitada a bolsa do Ministerio de Educación ou do País Vasco ou tes intención de solicitala, terás que marcar a opción BOLSEIRO  no apartado de exencións. Isto fará que se che paralice o pago da matrícula ata a resolución da bolsa ou ata que se comprobe que cumpres os requisitos necesarios para solicitala. Por tanto, nese caso, só terías que pagar nese momento un importe aproximado de 30 € que corresponde á apertura do teu expediente na Universidade de Vigo, seguro escolar, outros...
  • Rematada a matrícula terás que abonar o importe que che corresponda e entregar, no prazo indicado na convocatoria, unha serie de documentación na Secretaría de Alumnos do centro onde vas estudar. Que non pagues ou non entregues esta documentación NON IMPLICARÁ  que se che anule a matrícula, senón que dará lugar á suspensión temporal dos dereitos como estudantes e ao arquivo da matrícula (isto non afectará ao réxime de permanencia nin impedirá concorrer ás probas de avaliación). Ademáis suporá o abono dunha penalización.

 

 Prazos

* Estudantes admitidos para realizar 1º curso dun Grao

Lembra que se estás convocado/a a matricularte na túa primeira opción, tes que facer a matrícula a través da páxina web da Universidade que te convocou, obrigatoriamente no prazo asociado ao listado de admitidos no que te convocaran, non podes elixir ti outro libremente ou perderás a praza adxudicada. Consúltanos en caso de dúbida cando se publique o listado
  • 1º PRAZO: Do 13 ata as 14:00 horas do 15 de xullo
  • 2º PRAZO: Do 20 ata as 14:00 horas do 22 de xullo
  • 3º PRAZO: Do 27 ata as 14:00 horas do 29 de xullo
  • 4º PRAZO: Do 1 ata as 14:00 horas do 5 de setembro
  • 5º PRAZO: Do 9 ata as 14:00 horas do 13 de setembro
  • 6º PRAZO: Do 21 ata as 14:00 horas do 23 de setembro
  • 7º PRAZO: Do 11 ata as 14:00 horas do 14 de outubro
  • 8º PRAZO: Do 19 ata as 14:00 horas do 21 de outubro

* Estudantes que van facer matrícula de 2º, 3º ou 4º curso dun Grao: do 3 ao 22 de agosto a través da páxina web da Universidade de Vigo.

 

¿Que documentación teño que presentar?

 

Unha vez finalizada a matrícula en liña terás que entregar certa documentación na Secretaría de Alumnado da túa Facultade/Escola. O prazo para entregala varía en función de cando realizaches a túa matrícula:

  • Se te matriculaches en XULLO E AGOSTO: prazo de entrega de documentación ata o 7 de setembro
  • Se te matriculaches en SETEMBRO OU OUTUBRO: o prazo de entrega sería de 7 días naturais dende que fagas a matrícula
  • Se te matriculas en persoa na túa Facultade: terás que aportar a documentación no momento de realizar a matrícula

 

Unha vez formalizada a matrícula a aplicación mostra en formato PDF información importante relativa á entrega de documentación, polo que xa non se reclamará documentación por escrito posteriormente Pasado o prazo de entrega de documentación cando a Secretaría de Alumnos detecte a falta da mesma procederá a cambiar o estado da matrícula pasando de "activa" a "arquivada" e non se notificará dito cambio.

ESTUDANTES MATRICULADOS TRAS FACER PREINSCRICIÓN PARA 1º CURSO DE GRAO
  • Quen superase as probas de acceso fóra do sistema universitario galego: xustificante de ter solicitado o traslado do expediente da selectividade.
  • Quen superase as probas (ou titulación equivalente) en cursos anteriores: declaración xurada de non terse matriculado anteriormente noutra titulación universitaria ou polo contrario, xustificante de ter solicitado o traslado do expediente da universidade de orixe.
ESTUDANTES DOUTRAS UNIVERSIDADES ADMITIDOS POR RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS
  • Resgardo de ter aboados os dereitos de traslado do expediente da universidade de orixe
SE ELEXICHES COMA FORMA DE PAGAMENTO A DOMICILIACIÓN BANCARIA
  • Presentarase a orde de domiciliación de cargo directo SEPA asinada polo titular da conta bancaria. Ao rematar a matrícula poderás imprimir este documento.
SE MARCACHES EN EXENCIÓNS O DESCONTO POR “FAMILIA NUMEROSA”
  • Título oficial expedido ao efecto pola administración autonómica competente que deberá estar vixente no momento da formalización da matrícula.
SE MARCACHES EN EXENCIÓNS O DESCONTO POR “DISCAPACIDADE”
  • Se o alumno/a ten recoñecida unha minusvalía igual ou superior ao 33% presentará certificación vixente expedido pola administración que corresponda.
SE MARCACHES EN EXENCIÓNS O DESCONTO POR “VÍTIMA DE ACTO TERRORISTA OU QUEN SEXA FILLA, FILLO OU CÓNXUXE NON SEPARADO LEGALMENTE DA PERSOA FALECIDA OU FERIDA EN ACTO TERRORISTA”
  • Demostrará a súa situación conforme co disposto no artigo 4 bis, punto 3º, da Lei 32/1999, do 8 de outubro.
SE MARCACHES EN EXENCIÓNS O DESCONTO POR “VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO OU QUEN SEXA FILLA OU FILLO”
  • Terás que acreditalo por calquera das seguintes formas:
  • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
  • Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a persoa sufriu violencia de xénero.
  • Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
  • Certificación dos servizos de acollida da Administración pública, autonómica ou local.
  • Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
  • A filla ou fillo documentará ademais a súa relación filial coa vítima.
MATRÍCULA DE HONRA GLOBAL EN 2º CURSO DE BACHARELATO OU NO ÚLTIMO CURSO DOS ESTUDOS SUPERIORES DE FP PREMIO EXTRAORDINARIO NO BACHARELATO OU NO CICLO SUPERIOR DE FP
  • Certificación expedida pola institución correspondente

 

 * Nota: algúns centros tamén piden copia do DNI e copia da túa forma de acceso (notas de selectividade, certificación do ciclo de fp, notas probas acceso á universidade para maiores 25/45 anos, resolución de homologación de bacharelato estranxeiro, credencial uned...)

Anulación total de matrícula 

 

COMO SE SOLICITA 

Se fixeches matrícula en primeiro curso dun grado universitario, podes solicitar a anulación da mesma entrando no mesmo enlace onde realizaches a matrícula e picando no botón naranxa que pon "anulación matrícula". A continuación o Servizo de Alumnado enviará un correo electrónico ao teu mail coas instruccións que debes seguir. Este procedemento ten un custo de, aproximadamente 30 euros.

O alumnado que teña a matrícula ARQUIVADA, por exemplo por non aportar a documentación esixida na matrícula, non poderá acceder ao procedemento ata non arranxar o motivo do arquivo da matrícula.

Quen por calquera causa non poida realizar este trámite virtualmente poderá presentar nos Rexistros da Uvigo unha instancia dirixida ao Reitor da universidade no que deberá constar un correo electrónico e un teléfono de contacto.

Estas peticións tramitaranse no Servizo de Alumnado. Un dos requisitos necesarios para a concesión da anulación é o pagamento do importe correspondente a este trámite (30 euros) que o Servizo de Alumnado enviará ao solicitante durante o procedemento.

 

PRAZOS DE SOLICITUDE

 Podes consultar aquí os prazos

 

 Matrícula a tempo parcial

O alumnado de primeiro curso por primeira vez deberá matricularse en xeral de todos os créditos dos que consta o 1º curso. En xeral, excepto nos programas conxuntos, serían 60 créditos. 

Con todo, despois de facer a matrícula ordinaria e cando se produzan causas debidamente xustificadas, podería solicitarse na Secretaría de Alumnos da Facultade/Escola cambiar a modalide de matrícula a TEMPO PARCIAL. Así o número de créditos matriculados pode reducirse e pasar a ter entre un mínimo de 24 e un máximo de 47 créditos.

As circunstancias poderían ser de varias causas:

  • Familiar
  • Laboral
  • Atención a persoas dependentes
  • Actividades deportivas de alto nivel
  • Necesidades educativas especiais

 Aquí podes descargar o modelo de solicitude

Modificacións de matrícula

Enténdese por modificación de matrícula a ampliación, anulación parcial, a substitución dunhas materias por outras. Normalmente as modificacións de matrícula faranse a través de Secretaría Virtual do Estudantado nos prazos. indicados.

Normalmente, un alumno de 1º curso non poderá realizar modificacións de matrícula salvo que se recoñezan materias de 1º curso por estudos realizados anteriormente ou que se conceda a matrícula parcial.

Prazos de modificación

  • Do 15 ao 19 de setembro: poderás cambiar calquera materia
  • Do 25 ao 30 de xaneiro: só para materias do 2º cuadrimestre

 

Recoñecemento de créditos

Se tes estudos anteriores e queres solicitar o recoñecemento dos mesmos na túa nova titulación, podes facelo presentando unha solicitude na Secretaría de Alumnado da túa Facultade /Escola.

 

Documentación

Estas solicitudes serán resoltas pola Comisión de Recoñecementos do centro.

A documentación que deberás presentar na Secretaría de alumnado do centro é:

  • copia do DNI
  • certificación académica expedida pola universidade de procedencia
  • fotocopia dos programas das materias superadas que se pretenden recoñecer

Terás que consultar no centro si se requira outra documentación adicional.                      

Prazos

  • PRAZO XERAL: nos meses de XUÑO, XULLO E AGOSTO. Serán resoltas antes do 30 de setembro. No caso de que as solicitudes non poidan ser resoltas na súa totalidade por estar pendentes de cualificacións as Facultades e Escolas poderán recoñecer posteriormente máis créditos e completar así o solicitado.
  • PARA O ALUMNADO CONVOCADO A MATRICULARSE NO MES DE SETEMBRO: ata o 30 de setembro. Serán resoltas antes do 31 de outubro.
  • PARA O ALUMNADO CONVOCADO A MATRICULARSE NO MES DE OUTUBRO:  ata o 31 de outubro. Serán resoltas antes do 30 de novembro.
  • PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULE NA CONVOCATORIA DE PRAZAS VACANTES: nas mesmas datas de formalización de matrícula.

 

Pagamentos da matrícula

Podes comprobar o estado de cada un dos pagamentos realizados na túa matrícula a través da túa Secretaría Virtual no apartado VER CONTA.

Se marcaches pago efectivo ou pago con tarxeta farás o pago no periodo indicado na folla de liquidación que emitirá a aplicación de matrícula ou de maneira inmediata a través da plataforma de pagamento que se abre na matrícula cando elixes pagamento con tarxeta. Neste último caso lembra comprobar que o proceso de pago foi realizado correctamente comprobando se che foi retirado o importe na túa conta.

Se solicitaches pagamento mediante domiciliación bancaria (e non solicitaches bolsa ou non tes exención total nos pagos da matrícula), a Universidade procederá na forma que desglosamos a continuación a facer os cobros na túa conta bancaria:

 

Modalidade pago íntegro:

Cargarase o 100% dos prezos públicos nas seguintes datas: 

  • O 6 de outubro para matrículas realizadas do 13 de xullo ao 21 de setembro
  • O 6 de novembro para matrículas realizadas do 22 de setembro ao 21 de outubro
  • O 6 de decembro para matrículas realizadas do 22 de outubro ao 21 de novembro
  • O 6 de xaneiro para matrículas realizadas do 22 de novembro ao 21 de decembro
  • O 6 de febreiro para matrículas realizadas do 22 de decembro ao 21 de xaneiro
  • O 6 de marzo para matrículas realizadas do 22 ao 31 de xaneiro

Modalidade pago fraccionado

Os prezos correspondentes aos servizos administrativos serán cargados no primeiro prazo. Dependendo do día da formalización ou modificación os prazos serán distribuídos da seguinte maneira:

  • Matrículas realizadas realizadas do 13 de xullo ao 21 de setembro-Os pagos serán cobrados na túa conta nas seguintes datas
    • O primeiro, (25% dos servizos académicos) o 6 de outubro
    • O segundo, (15% dos servizos académicos) o 6 de novembro
    • O terceiro, (15% dos servizos académicos) o 6 de decembro
    • O cuarto, (15% dos servizos académicos) o 6 de xaneiro
    • O quinto, (15% dos servizos académicos) o 6 de febreiro
    • O sexto, (15% dos servizos académicos) o 6 de marzo
  • Matrículas realizadas do 22 de setembro ao 21 de outubro:
    • O primeiro, (40% dos servizos académicos) o 6 de novembro
    • O terceiro, (15% dos servizos académicos) o 6 de decembro
    • O cuarto, (15% dos servizos académicos) o 6 de xaneiro
    • O quinto, (15% dos servizos académicos) o 6 de febreiro
    • O sexto, (15% dos servizos académicos) o 6 de marzo
  • Matrículas realizadas do 22 de outubro ao 21 de novembro:
    • O primeiro, (55% dos servizos académicos) o 6 de decembro
    • O cuarto, (15% dos servizos académicos) o 6 de xaneiro
    • O quinto, (15% dos servizos académicos) o 6 de febreiro
    • O sexto, (15% dos servizos académicos) o 6 de marzo
  • Matrículas realizadas do 22 de novembro ao 21 de decembro:
    • O primeiro, (70% dos servizos académicos) o 6 de xaneiro
    • O quinto, (15% dos servizos académicos) o 6 de febreiro
    • O sexto, (15% dos servizos académicos) o 6 de marzo
  • Matrículas realizadas do 22 de decembro ao 21 de xaneiro:
    • O primeiro, (85% dos servizos académicos) o 6 de febreiro
    • O sexto, (15% dos servizos académicos) o 6 de marzo

 

 

Consecuencias da falta de pago da matrícula

Cando os prezos públicos non sexan aboados segundo a forma de pagamento elixida e dentro do prazo indicado para cada caso ou os recibos domiciliados resulten rexeitados pola entidade bancaria, resultarán as seguintes consecuencias: 

  • Aboarase a maiores unha penalización sobre o importe a deber.
  • Terá lugar á suspensión temporal dos dereitos como estudante e, no seu caso, ao arquivo da matrícula e dos efectos que esta producise, sen dereito a ningún reintegro. Este arquivo farase de maneira cautelar no momento no que conste a falta de pago dos prezos públicos ou calquera dos seus fraccionamentos, polo procedemento que a universidade ten establecido para a emenda da falta de pago. A suspensión temporal de dereitos non afectará ao réxime de permanencia nin impedirá concorrer ás probas de avaliación de acordo cos calendarios fixados polos centros.
  • Poderá comportar a esixencia dos importes correspondentes polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ao pagamento, consonte a normativa vixente.

Para arranxar esta incidencía, deberás acudir á Secretaría de Alumnado da túa Facultade/Escola, onde se emitirá unha nova carta de pagamento en efectivo/tarxeta.

 

Devolución dos prezos públicos pola Universidade

A Universidade de Vigo devolverá, de ser o caso, os importes resultantes de anulación total de matrícula, modificación e recoñecemento a partir do día 1 do mes seguinte ao que se realicen os cambios, sempre que na aplicación informática conste como abonado o importe da matrícula.


Quen estea pendente dunha devolución por parte da universidade e non elixise como forma de pago do importe da matrícula "domiciliación bancaria", deberá facilitar á universidade os datos bancarios necesarios para que se poida proceder á mesma.
 

 

¿E se solicito bolsa?


No caso de que no momento da matrícula, no apartado EXENCIÓNS, marques o apartado Bolseiro MECD ou Bolseiro do País Vasco non estás obrigado ao pagamento dos prezos públicos. LEMBRA QUE POR MARCAR NA MATRÍCULA BOLSEIRO NON IMPLICA QUE ESTÉS SOLICITANDO A BOLSA, TERÍAS QUE IGUALMENTE SOLICITALA A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DO MINISTERIO OU DO PAÍS VASCO.

Posteriormente á que fagas a matrícula, se a Universidade de Vigo detecta e comproba que dita bolsa non está presentada polos medios e prazos establecidos, eliminará dita condición na matrícula e informaráche da nova situación resultante por correo electrónico ao enderezo que figura na aplicación informática. Cando a consecuencia desta nova situación resulte un importe a aboar, para quen no momento da matrícula elixiu efectivo/tarxeta, o período de pagamento será o indicado na folla de liquidación. Para quen elixiu domiciliación bancaria, os cargos faranse segundo as datas indicadas anteriormente.


Así mesmo, no momento no que a universidade teña constancia da publicación de bolsas concedidas e denegadas (normalmente meses de xaneiro-febreiro), ao alumnado ao que lle sexa denegada definitivamente a solicitude, seralle eliminada esa condición da súa matrícula e se lle xerará a carta de pagamento informando da nova situación resultante por correo electrónico ao enderezo que figura na aplicación informática.

 

IMPORTANTE: Quen na súa matrícula non indicase que é solicitante de bolsa, aínda que a teña solicitado polos medios e prazos establecidos, ten a obriga de aboar os prezos públicos e esperar ata a resolución da súa solicitude. No caso de que a bolsa lle sexa concedida, a devolución do importe que corresponda farase de oficio á conta bancaria indicada pola persoa interesada.

 

Quen poida ser beneficiario das axudas para matrícula para o persoal das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo, deberá proceder segundo o establecido na resolución reitoral do 24 de maio de 2016 pola que se convocan axudas e subvencións para o persoal das universidades públicas galegas en estudos oficiais na Universidade de Vigo para cada curso académico.


 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal