CHARLAS EN CENTROS DE EDUCACIÓN

 

Ao longo de todo o curso académico, desenvólvense charlas nos centros de educación que así o soliciten coa antelación suficiente (15-20 días ao día da charla)
 

TIPOS DE CHARLAS

  •  Charlas de orientación
    • Xerais
    • Específicas

 QUIZAIS CHE INTERESEN TAMÉN AS NOSAS VISITAS AOS CAMPUS DA UNIVERSIDADE. PINCHA AQUÍ

 

OBXECTIVOS DAS CHARLAS

  • Facilitar a coordinación entre a universidade e os centros de acceso á mesma.
  • Dar a coñecer a Universidade de Vigo e as súas titulacións ao estudantado que teña interese en acceder á mesma.
  • Facilitar a transición dende fp/ bacharelato á universidade, proporcionando ao estudantado toda a información necesaria para o acceso á mesma.
  • Divulgación do coñecemento

 

CONTIDOS DAS CHARLAS

  • Xeral:  Nela os alumnos obterán información sobre os seguintes temas:
    • Acceso, preinscripción e matrícula na universidade.
    • Instalacións e servizos da universidade
    • Oferta académica, bolsas, aloxamento...
  • Específicas de graos : pretenden profundizar no coñecemento dun determinado grao de interese do alumnado. A charla será impartida polo decano ou vicedecanos do centro no que se imparte o grao correspondente. 

 

NORMAS PARA AS CHARLAS

Con carácter xeral

1.- O centro debe ter preparados medios técnicos: ordenador e canón.

2.-Debe garantirse un número mínimo de estudantes (15 persoas)

3.- As confirmación de aceptación das charlas faranse por correo electrónico así como as posibles modificacións das datas, etc.

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

Para solicitar unha charla, debes encher e enviarnos un dos seguintes formularios. A sección de información (SIOPE)  enviará un mail de confirmación á persoa solictante da mesma coa data e horas definitiva.

 

FORMULARIO SOLICITUDE CHARLAS DE ORIENTACIÓN (XERAIS E ESPECÍFICAS)

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal