Visitas á Uvigo

INTRODUCIÓN

As visitas teñen como finalidade dar a coñecer a Universidade de Vigo, as titulacións que se imparten e as súas instalacións. Realízanse en horario de mañá, aproximadamente entre as 9:00-10:00 (hora inicio visita) e as 13:30-14:00 (hora fin visita).

Están dirixidas principalmente a estudantes de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e estudantes de FP. Poderán asistir estudantes doutros cursos sempre e cando haxa prazas vacantes.

 

CAMPUS DE VIGO

As visitas aos centros estarán adaptadas por áreas de coñecemento. Os estudantes visitantes se dividirán en tres grupos en función da área que desexen visitar. A duración aproximada de cada percorrido é de tres horas en total.

A maiores existe a posibilidade de visitar Facultades de Areas de coñecemento diferentes. Para este tipo de visita haberá que facelo constar expresamente no formulario de solicitude, facendo constar qué centros concretos son do voso interese.

Centros a visitar:

  • Área Humanística e Xurídico-Social.
    • Facultade de Filoloxía e Tradución
      • Grao en Tradución e Interpretación
      • Grao en Linguas Estranxeiras
      • Grao en Estudos de Galego e Español
    • Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
      • Grao en Dereito
      • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
    • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
      • Grao en Administración e Dirección de Empresas
      • Grao en Economía
  • Área Tecnolóxica
    • Escola de Enxeñería  Industrial
      • Grao en Enxeñaría Eléctrica
      • Grao en Enxeñaría Electrónica industrial e Automática
      • Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
      • Grao en Enxeñaría Química Industrial
      • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
      • Grao en Enxeñaría Mecánica
    • ETS de Enxeñaría de Minas
      • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
      • Grao en Enxeñaría da Enerxía
    • ETS Telecomunicacións
      • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Área Científica
    • Facultade de Bioloxía
      • Grao en Bioloxía
    • Facultade de Ciencias do Mar
      • Grao en Ciencias do Mar
    • Facultade de Química
      • Grao en Química

CAMPUS DE OURENSE (planificación de rutas pendente)

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Historia

CAMPUS PONTEVEDRA  (planificación de rutas pendente)

  • Escola de Enxeñaría Forestal
  • Facultade de Fisioterapia
  • Facultade de Belas Artes
  • Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
  • Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

  

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

A solicitude de visita deberá realizarse como mínimo con 15-20 días de antelación á data proposta para a realización da mesma.

Unha vez recibidas as solicitudes a Uvigo confirmará ao mail de contacto a data e condicións da visita, logo de acordar as mesmas cos centros da uvigo obxecto da visita.

Para realizar a solicitude debes encher o seguinte FORMULARIO.  Grazas!

QUIZAIS CHE INTERESEN TAMÉN AS NOSAS CHARLAS NOS VOSOS CENTROS. PINCHA AQUÍ

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal