Preinscrición

 

Solicitude

 

 

Requisitos para o acceso

 

 

 

Prazos

 

 

Orde de preferencia

 

 

 

Documentación

 

 

Criterios de adxudicación

 

 

icono presentación

PRESENTACIÓN RESUMO

 

E non te quedes con dúbidas...escribe a siope@uvigo.es

 

 

Solicitude

A solicitude de acceso poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establezan (NERTA) ou entregándoa debidamente cuberta nos LERDs.

Cada alumno/a poderá presentar un único impreso de solicitude nun mesmo curso académico, no que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas esgotadas pola matrícula de xuño, ou aquelas nas que a CiUG estimase que existen datos obxectivos que aconsellen esta acción.

As universidades desestimarán as solicitudes de acceso que non cumpran cos requisitos esixidos nas convocatorias de preinscrición. Contra esta decisión, os afectados poderán presentar reclamación ante o presidente da CiUG, nos prazos establecidos para o efecto.

A resolución da reclamación correspóndelle á CiUG e será asinada polo delegado ou delegada do reitor/a da universidade na que se imparte a ensinanza universitaria que motivou a reclamación.

Orde de preferencia

É fundamental a orde de preferencia, posto que o alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.

É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións ás que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus no que se imparte.

Requisitos para o acceso

Poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao as persoas que reúnan calquera destes requisitos:

a) Quen teña superada a PAU establecida no RD 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:

  • Título de bacharelato relacionado nos artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.
  • Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria.
  • Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.
  • Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, a estes efectos, ao título de bacharelato regulado pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Título homologado ao título español de bacharelato para estudantes de sistemas educativos estranxeiros.

b) Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou doutros estados cos que España subscribise acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

 

c) Ter superada a Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos, prevista na disposición adicional vixésimo quinta da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, ou tela superada, nos Sistema Universitario de Galicia, segundo normativas anteriores.

 

d) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos, prevista no artigo 42.2 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril.

 

e) Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, aos que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou títulos equivalentes.

 

f) Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación da ensinanzas universitarias (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.

 

g) Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, non contempladas nos apartados anteriores.

Prazos

CALENDARIO

Documentación

  • Todos os solicitantes
    • Fotocopia de DNI ou pasaporte (no caso de estranxeiros)
    • Solicitude de admisión debidamente cuberta

Criterios de adxudicación

As solicitudes que atendendo aos criterios recollidos no punto anterior, estean en igualdade de condicións, ordenaranse en función da nota de admisión que corresponda, expresada con tres cifras decimais e redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, tendo en conta o disposto no artigo 55 do RD 1892/2008, de 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión nas universidades públicas españolas e no artigo 48 da Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia [DOG, 4 de abril de 2011].

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal