Prezos

Pica no tema que máis che interese coñecer e irás directamente á información:

 

Prezos

icono prezos

Formas de pagamento

icono pagamento

Descontos

icono descontos

Outras taxas

icono taxas

 

Prezos

 Os prezos dos graos nas Universidades galegas veñen fixados pola Xunta de Galicia nun Decreto anual publicado, normalmente, en xullo.

Na seguinte táboa mostramos os prezos dos graos da Uvigo

GRAO
PREZO ANUAL
PROGRAMAS CONXUNTOS (DOBRES GRAOS)
  • Administración e dirección de empresas +Dereito
  • Administración e dirección de empresas + Enx. Informática

591 €
RAMA ARTES E HUMANIDADES
  • Belas Artes

835,80 €
  • Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
  • Linguas Estranxeiras
  • Tradución e Interpretación
  • Xeografía e Historia

591 €
RAMA CIENCIAS
  • Bioloxía
  • Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
  • Ciencias Ambientais
  • Ciencias do Mar
  • Química

835,80 €
RAMA CIENCIAS DA SAÚDE
  • Enfermaría-Povisa (CENTRO PRIVADO)

4.000 €
  • Enfermaría
  • Fisioterapia

835,80 €
RAMA ENXEÑERÍA E ARQUITECTURA
  • Enxeñaría Aeroespacial
  • Enxeñaría Agraria
  • Enxeñaría da Enerxía
  • Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • Enxeñaría Eléctrica
  • Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Enxeñaría en Organización Industrial
  • Enxeñaría en Química Industrial
  • Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
  • Enxeñaría Forestal
  • Enxeñaría Informática
  • Enxeñaría Mecánica

835,80 €
ÁREA CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS
  • ADE Escola de Negocios Afundación Vigo (CENTRO PRIVADO)

7.127 €
  • Educación Infantil/Primaria Vigo "María Sedes Sapientiae" (CENTRO PRIVADO)

4.000 €
  • Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  • Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Comercio
  • Comunicación Audiovisual
  • Dereito
  • Dirección e Xestión Pública
  • Economía
  • Educación Infantil (Pontevedra e Ourense)
  • Educación Primaria (Pontevedra e Ourense)
  • Educación Social
  • Publicidade e Relacións Públicas
  • Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Traballo Social
  • Turismo

591 €

 

 Atención: Para o alumnado estranxeiro maior de 18 anos que non teña a condición de residente (excluídos os nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles aos que lle sexa de aplicación o réxime comunitario) estes prezos se incrementarán nun 25%

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE CENTROS PRIVADOS-DESGLOSE DE PREZOS

  •  EU DE MAXISTERIO "María Sedes Sapientiae"

Matrícula: O 75% do importe total da matrícula fixado no DOGA, no mes de xullo, págase á Escola e o 25% págase á Universidade de Vigo

Mensualidades: Prezo do crédito: 57,50 €/ano, a pagar en oito mensualidades: de novembro a xuño.

  • ESCOLA DE NEGOCIOS AFUNDACIÓN

Custo total primeiro curso: 6.950 euros
- 500 euros de reserva de praza
- 6.450 euros de matrícula (107,50 € * 60 ECTS) + taxas universitarias*

Forma de pagamento:
Reserva de praza: 500 euros, a pagar ao recibir o resultado das probas de admisión
Resto: 10 mensualidades de 645 euros

 

 

 


Formas de pagamento

  • Modalidades de pagamento. Podes elixir entre:
    • Integro: pagarás o importe total da matrícula xa sexa en efectivo, con tarxeta ou por domiciliación bancaria.
    • Fraccionado: o importe total da matrícula poderá ser dividido ata en 6 partes que se cobrarán de forma mensual entre os meses de outubro e marzo na conta bancaria indicada na matrícula. Dependendo das datas de matriculación (máis ou menos tardías) este número de prazos poderá reducirse. Esta modalidade só é posible no caso de elixir como forma de pagamento domiciliación bancaria.

 

  • Formas de pagamento: Podes pagar a túa matrícula de tres formas
    • Efectivo: ao realizar a matrícula o programa emitirá un resgardo de pagamento. Debes dirixirte con él a unha oficina de Abanca, Banco Santander ou Caixabank no prazo indicado ao pe da folla de pagamento.
    • Tarxeta: poderase realizar o pagamento no mesmo momento da matrícula, a través da pasarela  que se abrirá ao elixir esta opción.
    • Domiciliacion bancaria: no momento da matrícula terás que indicar unha conta bancaria e a Universidade procederá a cobrar o importe da matrícula da mesma. Recorda que ao terminar á matrícula se xerará de forma automática un impreso denominado SEPA que terás que imprimir, firmar e entregar na Secretaría de alumnos da Facultade na que estudias.

 

 

 

Descontos

 A continación atoparás as exencións  as que poderías acceder. Recorda que cando fagas a matrícula en liña a través da aplicación da Uvigo debes marcar no apartado Exencións TODOS os descontos aos que poidas ter dereito. Posteriormente terás que entregar na Secretaría de alumnos da túa Facultade /Escola a documentación que certifique que estás nalgunha desas situacións.

  • Bolseiro

Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou ou tes intención de solicitar unha bolsa MECD (Minsterio de Educación) ou do País Vasco o pago da matrícula quedará paralizado ata que a bolsa se resolva. Se a bolsa fose denegada a universidade xerará automáticamente un resgardo de pagamento do importe da matrícula.

  • Persoal das universidades públicas galegas.

Para acceder a esta exención ademáis de marcala no momento da matrícula deberás solicitar na convocatoria que ten a Uvigo establecida a tal efecto unha das axudas para este fin.

  • Familia numerosa

Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial terías dereito ao desconto da metade ou do total do importe da matrícula. Para demostrar que tes dereito a él terías que presentar o título oficial de familiar numerosa

  • Discapacidade

Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33% terás dereito a un desconto do total do importe da matrícula. Debes presentar unha certificación que o demostre.

  •  Matrícula de honra

Se obtiveches matrícula de honra global en 2º de bacharelato, no último curso de FP superior, premio extraordinario de bacharelato ou FP superior terás dereito a esta exención. Terás que presentar unha certificación que o demostre.

  •  Vítima de acto terrorista
  •  Vítima de violencia de xénero

 

 

 

Outras taxas

 A maiores das taxas de matrícula, existen outros prezos que poida que che interese averiguar tamén:

  • Servizos administrativos: Non teñen ningún tipo de exención ou desconto. Serían os seguintes
    • Apertura de expediente: abonarás esta taxa ao iniciar un novo plan de estudos na Uvigo. Son 22,31 €
    • Expedición e mantemento da Tarxeta universitaria de identificación:4,79 €
    • Soporte e documentación da matrícula
    • Seguro escolar
  • Certificación académica e traslado de expediente: 22,31 €

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal