Cal é o teu caso?

 
Estudei bacharelato
Fixen un ciclo superior de FP
Proba acceso>25 - 45 anos
acceso bacharelato
acceso FP
acceso Maiores
Teño estudos estranxeiros
Teño un titulo universitario
Veño de outra universidade
acceso estranxeiros
acceso universitario
acceso otras universidades

 

Bacharelato

Poderán acceder aos estudos universitarios oficiais de Grao nas universidades españolas aqueles que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Os estudantes de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou equivalente, que superaran a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade (en adiante a ABAU).
  • estudantes de bacharelato aos que fai referencia a Disposición Transitoria Única da Orde do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ECD/1941/2016, de 22 de decembro (BOE nº 309, de 23 de decembro)
    • Es estudantes de Bacharelato do Sistema Educativo Español que se incorpore a un curso de bacharelato do sistema educativo definido pola Lei Orgánica 8/2013 con materias non superadas do Bacharelato do currículo anterior a súa implantación e curse ditas materias segundo o currículo do sistema educativo anterior.
    • e ao alumnado que obtivo o título de bacharelato no curso 15/16 e non accedeu á Universidade ao finalizar dito curso

 

A ABAU consta de dúas partes: unha parte obrigatoria  con validez indefinida e outra parte voluntaria e que ten validez soamente durante os dous cursos académicos seguintes. Na parte voluntaria o estudante pode examinarse dun máximo de catro materias de entre as materias de opción do bloque das materias troncais de 2º de Bacharelato e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba aínda que non as cursara.

 

 O procedemento de adxudicación de prazas na Universidade de Vigo, realizase en dúas fases, unha en xuño (convocatoria ordinaria), e outra en setembro (convocatoria extraordinaria) se quedasen prazas libres;  dentro de cada convocatoria, as solicitudes ordéanse tendo en conta exclusivamente a nota de admisión.

 

Os parámetros de ponderación (a y b) que se aplican as materias da fase específica, varían entre 0,1 e 0,2, en función da idoneidade das materias coas ensinanzas universitarias que se pretendan cursar. Débese ter en conta que estes parámetros varían dunha universidade a outra.

A nota de admisión vai depender da titulación escollida e dos parámetros de ponderación que se apliquen, esto quere dicir que un alumno pode ter varias notas de admisión.

 

Aumento de nota.  O alumnado poderá presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da Parte Obrigatoria ou de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a calificación da última convocatoria, sempre que sexa superior á anterior.

Nas sucesivas convocatorias a proba ABAU realizarase na Universidade Pública á que estea adscrito, ós indicados efectos, o centro de educación secundaria no que superasen o segundo curso de bacharelato ou na Universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

 

Notas de corte.  A admisión nun grado dependerá da oferta de prazas e da demanda. Pódese consultar a nota da última persoa admitida na última convocatoria na Universidade de Vigo no seguinte apartado notas de corte.

 

Prazas e cupos.

  

FP

 

Acceso directo. O alumnado que estea en posesión dos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño ou títulos equivalentes, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, sen necesidade de proba. 

 

Aumento da nota.  Aqueles que desexen aumentar a súa Nota de Acceso á Universidade, poderán presentarse á Parte Voluntaria da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU).

 

Notas de corte.  A admisión nun grado dependerá da oferta de prazas e da demanda. Pódese consultar a nota da última persoa admitida na última convocatoria na Universidade de Vigo no seguinte apartado notas de corte.

 

Prazas e cupos.

 

Bacharelato estranxeiro

 

O alumnado con bacharelato nun país comunitario  ou en países con acordo  internacional (Islandia, Noruega, Liechestein, Suiza, Andorra o China), poderá acceder aos estudos de grao directamente coa credencial da UNED que acredita que ten os requesitos establecidos no seu sistema educativo de orixe, para acceder á Universidade. Despois debe realizar a preinscrición  no prazo establecido.

O alumnado con estudos de secundaria superados nun país non comunitario, ou que non ten acordo internacional, debe homologar os seus estudos ao sistema educativo español. A cualificación tras a homologación será a nota de acceso aos estudos universitarios.

A credencial de homologación é título suficiente para o acceso e éste ordénase en función da cualificación media obtida (máximo 10 puntos).

Aquel alumnado que desexe aumentar a súa nota de acceso inicial, poderá presentarse á Fase Específica ou Parte Voluntaria das probas de acceso á Universidade organizadas por:

- A Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned), que se celebrará nos centros asociados da UNED, ou nos lugares que acorde o órgano competente desta.

- O Sistema Universitario de Galicia (SUG) a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG). Neste caso só poderá presentarse o alumnado con Credencial da Uned ou resolución de homologación do MECD de anos anteriores e acrediten a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pódese solicitar praza nos graos co resgardo acreditativo da solicitude de homologación. Esta solicitude ten carácter condicional e un valor de 5 puntos. Esta nota será modificada cando se resolva a homologación, co valor que lle recoñezan.

Resolución reitoral admisión

 

Titulado universitario

As persoas con titulación universitaria ou equivalente, poderán solicitar praza para facer calquera grao universitario.

A admisión a un grao dependerá da oferta de prazas e da demanda, débese ter en conta que para o acceso por esta vía só se reserva un 1% do total das prazas ofertadas.

Si se pretende acceder por esta vía, hai que ter en conta que a preinscripción soamente se pode facer na convocatoria de xuño.

Ademáis, a mesma vez se pode solicitar o acceso á universidade por outras vías coma o bacharelato ou a FP dependendo dos estudos que se teñan superados. Farase unha única preinscrición, pero haberá que presentar a documentación de ambas, así será a propia a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) a que aplicará a opción máis favorable.

As persoas admitidas poderán solicitar o recoñecemento de créditos nos prazos establecidos na convocatoria de matrícula da Universidade.

 

Veño de outra universidade/quero cambiar de estudos

Se comezaches os teus estudos univesitarios no estranxeiro, ou se os remataches e non tes a homologación do título en España pincha aquí.

As persoas con estudos universitarios comezados e non rematados, noutra universidade española, ou que desexen cambiar de estudos poden solicitar o acceso por esta vía, sempre e cando se lle recoñezan como mínimo 30 créditos ECTS nos estudos de destino, hai que ter en conta que esta vía ten prazas limitadas.

Ademáis de por esta vía, tamén se pode solicitar o acceso por outras vías sempre que se cumpran os requisitos esixidos, será a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) a que aplicará a opción máis favorable.

As persoas admitidas poderán solicitar o recoñecemento e transferencia de créditos nos prazos establecidos na convocatoria de matrícula da Universidade.

 

Maiores de 25 anos

As persoas que cumpran ou cumpriran os 25 anos no ano natural no se se celebre a proba e non teñan ningunha titulación académica que lle dea acceso por outra vía, pode presentarse a proba de acceso para maiores de 25 anos.

Hai que ter en conta que para o acceso por esta vía a Universidade de Vigo  reserva o 2% do total de prazas  e terán preferencia de acceso aquelas persoas  que fagan a proba en Galicia, só se poderá presentar solicitude de praza na convocatoria de xuño.

 Manual de Instruccións alumnado

 

Maiores de 45 anos

As persoas maiores de 45 anos que non posúan ningunha titulación académica que lle dea acceso por outra via, podepresentarse a proba de acceso para maiores de 45 anos.

Poderán realizar a proba nas universidades da súa elección, sempre que existan nestas os estudos que desexan cursar. A superación da proba permitiralles ser admitidos únicamente ás universidades na que superasen a proba.

Hai que ter en conta que para o acceso por esta vía a Universidade de Vigo  reserva o 2% do total de prazas , só se poderá presentar solicitude de praza na convocatoria de xuño.

 Manual de Instruccións alumnado

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal