Axudas complementarias

 

 

 

BOLSAS DE ALOXAMENTO

 

¿En que consisten?

 

A Universidade de Vigo conta nos seus tres campus con residencias propias e concertadas para o seu alumnado. A praza nestas residencias ten que solicitarse antes do comezo do curso académico. Acompañando a esta convocatoria de prazas a universidade tamén oferta unha serie de bolsas de aloxamente para axudar co coste da estadía nestas residencias.

 

¿Cando se solicitan?

Normalmente entre os meses de maio -xuño

 

¿Cal é a contía das axudas?

 

  • 40 axudas de 100 euros/mes durante 9 meses (setembro a maio)
  • 40 axudas de 60 euros/mes durante 9 meses (setembro a maio)

 

¿Qué requisitos piden?

Os requisitos destas bolsas son os mesmos que os esixidos para a adxudicación de prazas nas residencias.  Serán de tipo académico e de tipo económico. Podes consultalos aquí.

 

¿Cómo se solicitan?

 Terás que cubrir unha solicitude en Intenet (Secretaría Virtual da Uvigo) e posteriormente, entregar o resgardo que xera o programa e a documentación que se esixe na  convocatoria por calquera dos Rexistros da Uvigo ou outros rexistros válidos.

 

 

 

BOLSAS COMEDOR

 

En que consisten?

Estas bolsas son una axuda para compensar os gastos dos teus estudos

 

Cando se solicitan?

Entre outubro-novembro de cada ano

 

Cal é a contía das axudas?

500 euros

 

¿Que requisitos piden?

É necesario cumprir unha serie de requisitos académicos e económicos. Podes consultalos aquí.

 

Como se solicitan?

Terás que encher a solicitude a través de Internet (Secretaría Virtual da Uvigo) e posteriormente, entregar o resgardo que xera o programa e a documentación que se esixe na convocatoria por calquera dos Rexistros da Uvigo ou outros rexistros válidos

 

Aquí podes consultar a convocatoria completa

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal