Profesións reguladas

 
user-145176_960_720

 

 

         Para exercer determinadas  profesións é necesario posuir unhas  atribucións específicas.

         As profesións reguladas son aquelas nas que, para exercelas, é necesario cumprir unha determinada condición que en moitos casos pode ser estar en posesión dun determinado título académico, por exemplo de Grao ou de Mestrado

 

 

¿E que son as atribucións? Eu só oín falar de competencias...

Efectivamente ao cursar un Grao ou Mestrado adquires uns determinados coñecementos, é dicir unha serie de aptitudes ou competencias. Pero para adquirir unha atribución non só é necesario ter os coñecementos senón un documento legal que acredite que podes facer unha determinada tarefa. Este documento é , no noso caso, o teu título académico de Grao ou de Máster.

 

 

chemist-145544_960_720 ¿E como sei cales son as profesións reguladas?

Na actualidade as profesións reguladas están contempladas no RD 1837/ 2008 que contén un listado moi variado de empregos. Para cada oficio, require un tipo de titulación distinta, ben de ciclos formativos ou de estudios universitarios, dependendo do caso.

 

 

 

¿Todos os títulos teñen atribucións propias?

Non, nin todos os títulos nin todas as profesións. Normalmente os títulos con atribucións específicas son os de ensinanzas técnicas (moitas enxeñerías), ocupacións relacionadas co dereito (avogado..) ou as relacionadas co mundo da saúde (enfermería...)

 

 

¿Cales hai na Uvigo?

As atribucións para exercer unha profesión determinada póndense conseguir con títulos de grao (por exemplo, a profesión de enxeñeiro técnico) ou de Mestrado (por exemplo, a profesión de enxeñeiro superior). Nos seguintes listados verás que Graos e Mestrados imparte a Uvigo que habilitan para o exercicio da profesión regulada correspondente.

 

 

TITULOS DE GRAO QUE HABILITAN PARA EXERCER UNHA PROFESION REGULADA

GRAO UVIGO
PROFESIÓN A QUE HABILITA
BOE
Educación Infantil
Mestre en Educación Infantil
enlace
Educación Primaria
Mestre en Educación Primaria
enlace
Enfermería
Enfermeiro
enlace
Fisioterapia
Fisioterapeuta
enlace
Enxeñería Agraria
Enxeñeiro Técnico Agrícola
enlace
Enxeñería dos Recursos Mineros e energéticos
Enxeñeiro Técnico de Minas
enlace
Enxeñería de Tecnologías de Telecomunicación
Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación
enlace
Enxeñeria Eléctrica
Enxeñeiro Técnico Industrial
enlace
Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
Enxeñeiro Técnico Industrial
enlace
Enxeñería  en Química Industrial
Enxeñeiro Técnico Industrial
enlace
Enxeñería Mecánica
Enxeñeiro Técnico Industrial
enlace
Enxeñería Forestal
Enxeñeiro Técnico Forestal
enlace
Enxeñería Aeroespacial
Enxeñeiro Técnico Aeronáutico
enlace

 

 

TÍTULOS DE MESTRADO QUE HABILITAN PARA EXERCER UNHA PROFESIÓN REGULADA

MESTRADO UVIGO
PROFESIÓN Á QUE HABILITA
BOE
Enxeñería de Minas
Enxeñeiro de Minas
enlace
Enxeñería de Telecomunicación
Enxeñeiro de Telecomunicación
enlace
Enxeñería Industrial
Enxeñeiro Industrial
enlace
Avogacía
Avogado
enlace
Profesorado
Profesor/a de Ensino Obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
enlace

 

 

No caso da profesión de avogado, o "RD 775/2011, de 3 de junio, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 34/2006 sobre el acceso a las profesiones de Abogado y Procurador de los tribunales" establece que se require para o exercicio desta profesión:

  1.  Estar en posesión do título Grao en Dereito ou equivalente
  2. Acreditar a superación dalgún curso de formación que contemple o conxunto de coñecementos necesarios para o exercicio desta profesión.
  3. Desenvolver un periodo formativo de prácticas en institucións, entidades ou despachos, relacionados co exercicio destas profesións.
  4. Superar a proba de avaliación final acreditativa da respectiva capacitación profesional.

O Mestrado Universitario en Avogacía da Uvigo serve ao cumprimento, polo  tanto, das condicións que se establecen para o exercicio da profesión de avogado no noso país, dando resposta aos requisitos de formación establecidos tanto na Lei de Acceso coma no seu Regulamento de desenvolvemento.

 ASIMILADOS

 As seguintes titulacións ainda que non habilitan en sentido estrito para o desenvolvemento da profesión considéranse asimilables. A profesión non conta con atribucións profesionais pero sí existe un marco legal de referencia sobre ela ("Resolución de 8 de junio de 2009, de la Secretaría General de Universidades, por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Universidades, por el que se establecen recomendaciones para la propuesta por las universidades de memorias de solicitud de títulos oficiales en los ámbitos de la Ingeniería Informática, Ingeniería Técnica Informática e Ingeniería Química- BOE 4/8/2008")

 

TITULACIÓN UVIGO
PROFESIÓN ASIMILABLE
Grao en Enxeñería Informática
Enxeñeiro Técnico en Informática
Mestrado en Enxeñería Informática
Enxeñeiro en Informática

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal