Decide a túa carreira

                                 

zero-1426642_960_720

                                Antes de comezar...uns CONSELLOS

 

           * EMPEZA CON TEMPO.

 

           O proceso de decidir que facer vaiche levar tempo. Non decidas a última hora. Intenta pensar tranquilamente en que che gustaría, busca información e asume que che va a requirir  esforzo…pero que iso che pode aforrar desgustos logo.

 

            * NON TE DESANIMES

 

          Non penses que a decisión que tomes agora te vai marcar toda a túa vida. Reflexiona e decide pero non pasa nada por equivocarse. Lembra que no estás só. Aquí estamos para axudarche…

 

EMPEZAMOS XA? ACOMPÁÑANOS...

 

 

 

 one-1426636_960_720

 

                              COÑECETE A TI MISMO

 

      Que che gusta? Que non che gusta? En que es bo? Que se che dá fatal? Pénsao e pregunta aos teus familiares e aos que te rodean porque eles te coñecen ben. É sinxelo, tes que seguir as pistas ….que materias se che dan ben e cales non? Que actividades che gusta facer no teu tiempo libre? Fai unha pequena listaxe de cousas que SI che gustan e se che dan ben e cousas que NON che gustan ou se che dan fatal. Garda esa  listaxe ..logo ímola usar.


     Nesta etapa podes realizar algún destes test de orientación que che ensinamos a continuación. Non teñen que determinar a  tua decisión pero, se non sabes por onde empezar, vanche ser moi útiles para centrarte no importante e reducir opcións. Próbaos!
 

 

two-1426640_960_720     

                        INVESTIGA PROFESIÓNS...E GRAOS!!

 

        Hai que recompilar información. Agora tes que relacionar as cousas que che gustan ou se che dan ben coas profesións que existen actualmente.

       Dise que se traballas no que che gusta en realidade non traballarás nin un só día da túa vida. Iso é o que queremos para ti, que che encante a túa carreira universitaria..e o teu traballo.


       Investiga as profesións actuais e as novas carreiras universitarias. Mira a túa contorna, fíxate nas profesións que te rodean e pensa se te ves facendo iso no futuro. Pregunta aos teus coñecidos en que consiste o seu traballo.

Podes comezar rastrexando nestas webs, seguro que atopas algo interesante! 

 

 

 

three-1426639_960_720 - copia
         

                              INVESTIGA UNIVERSIDADES

 

 Hai moitas universidades en España e fóra de España Cal elixir?. Pero para ti, que é importante que teña a universidade onde vas  estudar? Pénsao agora…Que sexa unha gran universidade? Que sexa unha universidade pequena e familiar? Que ofreza moitas posibilidades para investigar? ¿Que teña unha gran inserción dos seus titulados no mercado laboral? Que servizos de orientación aos alumnos teñen? ofrecen programas de mobilidade para que poidas estudar un ano no estranxeiro? Pensa agora en que buscas…e anótao.


Existen moitas clasificacións de universidades que che poden axudar nesta etapa. Estas listaxes ordenan ás universidades de España en función de diversas características. Próbaas...

 

four-1426634_960_720 - copia     

 

              PESCUDA CON QUÉ AXUDAS CONTAS...BOLSAS!!!

     Pregunta ao teu orientador ou á túa universidade máis cercana que bolsas existen adaptadas á  túa situación. Tamén podes contactar coa  universidade á que queiras acceder por se contan con bolsas propias para os seus alumnos. Anota todo…


     Neste apartado reunimos algunha información sobre bolsas para alumnos de primer curso de grao…consúltao!

 

 

 

 

five-1426633_960_720 - copia
                        

                                        REDUCE OPCIÓNS

 

       Chegou o momento de reducir esa famosa listaxe. Agora tes que comparar o que che interesa  coa túa  situación actual. Que cousas poderían limitar a túa elección? O custo dos  estudos podería eliminar opcións ou quizais a nota de corte.... Podes permitirte pagar un aluguer?  Queres irte fóra de Galicia? prefires estudar preto de casa?...Pensa na túa situación e  borra as opcións da lista que non son posibies

 

  Consulta aquí as notas de corte de toda España

 

 

 

 

six-1426638_960_720 - copia     
 
                               BUSCA ORIENTACIÓN...
 
           O orientador do teu centro seguro que che pode axudar a tomar a decisión final. Ademais, en todas as universidades atoparás un servizo de información e orientación que che pode axudar. Vai de visita, chama ou escribe a outras universidades e  fai todas as preguntas que necesites…non te quedes con dúbidas.
Aquí podes atopar os datos de contacto de todos os Servizos de Información das universidades españolas
 
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal