Os nosos logros

 

A UVIGO NOS RANKING MUNDIAIS

As clasificacións académicas ou Ranking Académicos de Universidades son listas ordenadas que clasifican ás universidades e institucións de educación superior e investigación, de acordo cuns criterios obxectivos medibles e reproducibles.

Esta documentación que achegamos, darache unha idea da posición da uvigo nestes Rankings

 

NOVAS

Aquí podes ver algunhas novas relacionadas coa posición da Uvigo nos principais Ranking. Se queres ver unha explicación de en qué consiste cada un destes Ranking, consúltaa aquí 

Para acceder ás fontes orixinais das novas abaixo indicadas, entra aquí

             ULTIMAS NOVAS

29/10/2015 - Vigo é unha das sete universidades públicas españolas máis transparentes na súa web.


07/07/2015 - O informe CYD 2014 valora a excelencia da produción científica da Universidade de Vigo.
 

09/06/2015 - Vigo sitúase á cabeza das universidades españolas en investigación, segundo o ránking da Fundación CYD.
 

21/05/2015 - As universidades de Vigo e Santiago brillan no ránking mundial de produción científica que elabora CWTS Leiden.

30/04/2015 - Vigo entra por teceiro ano consecutivo no ránking das 100 mellores universidades de menos de 50 anos.


10/12/2014 - A Universidade de Vigo ocupa o terceiro posto no ranking de transparencia das 50 do país.


11/11/2014 - A Universidade de Vigo no 3º posto das universidades españolas mellor valoradas polo alumnado internacional.

14/10/2014 - A investigación en enxeñaría sitúa a Vigo entre as 300 mellores institucións do mundo.
Ver a nova no Faro de Vigo


02/06/2014 - A Universidade de Vigo lidera o ránking I-UGR en Enxeñaría Civil e ocupa o segundo posto en Ciencias dos Materiais.

15/05/2014 - A universidade de Vigo volve estar entre as 10 mellores de España no RuSL (Ranking de Universidades de Software Libre), especializado en analizar o compromiso no uso, difusión e creación de software libre.

05/05/2014 - Vigo escala un posto no ránking das 100 mellores universidades do mundo de menos de 50 anos. Tamén entra no CWTS Leiden Ranking, no lugar 401, sendo a sétima das 27 universidades españolas que nel aparecen.
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal