10 razóns para elixirnos

UNIVERSIDADE MOZA E DINÁMICA

Cambiamos contigo! Novos graos, novos másteres e programas de doutoramento xorden continuamente para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral.

Novas metodoloxías: tecnoloxías de videoconferencia, plataforma virtual ...

 

UNIVERSIDADE EMPRENDEDORA

A través da nosa incubadora de negocios, fomentamos a iniciativa entre o noso alumnado, poñendo en valor os seus coñecementos e ideas, convirténdoas en empresas viables. Apúntate nos seminarios de preparación para o emprego!

 

UNIVERSIDADE PUNTEIRA

Sabías que as nosas liñas de investigación cobren os aspectos máis innovadores? E que a universidade lanzou satélites ao espazo? Estamos á última.

 

UNIVERSIDADE INTERNACIONAL

Participación nos principais programas de mobilidade: ERASMUS, ERASMUS prácticas, ERASMUS MUNDUS, GE4, ISEP ... Podes prepararte matriculándote en materias que se imparten enteiramente en inglés dentro do plan de estudos das nosas titulacións.

 

UNIVERSIDADE PARA O EMPREGO

Podes experimentar os teus primeiros contactos co mundo laboral mediante as nosas prácticas en empresas. Pescuda na nosa área de emprego sobre as últimas ofertas.

 

UNIVERSIDADE DE MAR E AUGA

Coñece os nosos Campus do Mar e da Auga, espazos que aspiran a ser dinamizadores de redes de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía sobre o mar e a auga.

 

UNIVERSIDADE CREATIVA

Presenta na sala de exposicións da Universidade de Vigo. Coñece as últimas tendencias: Estudos superiores en deseño téxtil e moda, Comunicación Audiovisual, Publicidade ...

 

UNIVERSIDADE VERDE

Colabora coas nosas Oficinas de Medio Ambiente, que desenvolven nos campus plans de sustentabilidade e xestión medio ambiental. Infórmate sobre como usamos as fontes de enerxía "limpas".

 

UNIVERSIDADE PARA TI

Porque ti es único e queremos que o sigas sendo. Disporás dun profesor titor que te orientará ao longo da túa carreira universitaria. Tamén podes acceder ao noso gabinete psicopedagóxico.

 

CULTURA, DEPORTE E COMPROMISO SOCIAL

Porque non todo vai ser estudar, queremos proporcinarche todo un abanico de posbilidadades: Servizo de Deportes, cursos de extensión universitaria, obradoiros culturais, actividades de voluntariado... e moito máis!

 

UNIVERSIDADE FORMADORA

Para que poidas adquirir os coñecementos complementarios á túa formación, solicita as nosas bolsas de formación: no Campus do mar, na área de imaxe, en sistemas informáticos, na oficina de medio ambiente...

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal