Ciencias do Mar

ÁREAS DE TRABALLO

XERAL

  • elaboración de peritaxes
  • realización de campañas oceanográficas
  • asistencia e asesoramento no medio mariño
  • docencia, divulgación e sensibilización
  • xestión de actividades de ocio e turismo
  • xestión de catástrofes naturais
  • xestión de acuarios e museos relacionados co medio mariño
  • consultoría e asesoramento ambiental
  • centros de interpretación ambiental, parques e espazos naturais protexidos.

 

OCEANOGRAFÍA XEOLÓGICA

  • desenvolvemento de estudos aplicados á enxeñaría civil como paso previo ás actuacións no medio mariño
  • rexeneración de praias
  • elaboración e execución de plans de ordenación do litoral
  • planificación, dirección e xestión de portos
  • exploración e explotación de recursos minerais mariños
  • elaboración de batimetrías e cartografías de fondo
  • prospección xeofísica do subsolo mariño
  • modelización de procesos xeolóxicos nos océanos
  • estudo do transporte de sedimento en diferentes ambientes mariños.

OCEANOGRAFÍA FÍSICA

  • aplicación oceanográfica da teledetección.
  • meteoroloxía e climatoloxía.
  • avaliación de vertedura e predición do seu comportamento, deseño e desenvolvemento de dispositivos para o aproveitamento enerxético mariño
  • aplicación de técnicas de análise de datos e teoría dos fenómenos físicos mariños
  • xestión e deseño de mareógrafos, boias meteorolóxicas e boias oceanográficas.

OCEANOGRAFÍA BIOLÓXICA

  • inspección pesqueira
  • asesoramento en tecnoloxías de explotación
  • realización de peritaxes e asistencia técnica a confrarías de pescadores/as
  • deseño e xestión de explotacións e plantas de acuicultura
  • dirección e realización de análises microbiolóxicas, patolóxicas e de sanidade animal, supervisión e dirección de lonxas
  • aplicación de técnicas de bioloxía molecular e xenética ao cultivo e repoboación, centros de recuperación de especies mariñas ameazadas.


OCEANOGRAFÍA QUÍMICA

  • dirección e realización de ensaios en laboratorio,
  • xestión de plantas desalgadoras,
  • explotación de recursos químicos mariños para farmacoloxía, cosmética,
  • sector enerxético,
  • industria química,
  • xestión de estacións de depuración
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal