Enx. de Tecnoloxías de Telecomunicación

SAÍDAS PROFESIONAIS

Área de sistemas de telecomunicación:

  • planificación e deseño de redes e servizos de telecomunicación,
  • desenvolvemento de ferramentas de simulación para sistemas de telecomunicación,
  • deseño de sistemas de transmisión de datos,
  • planificación e deseño de  instalacións de telefonía,
  • radiocomunicación terrestre e mariña,
  • deseño de antenas,
  • televisión por cable e por ondas,
  • deseño de interfaces de comunicación…


Área de sinal e comunicacións:

  • xeración, análise, transmisión e detección de sinais eléctricos,  electromagnéticos e ópticos,
  • procesamento de sinais…


Área de imaxe e son: 

  • instalacións audiovisuais (estudos de gravación sonora, centros de produción de televisión, emisoras de radiocomunicación…)
  • enxeñería audiovisual (deseño, implementación ou mantemento de equipos audiovisuais; deseño, acondicionamento e/ou illamento acústico de locais;  manexo/manipulación de información multimedia)…


Área de novas tecnoloxías:

  • aplicación de novas tecnoloxías na medicina (deseño e mantemento de equipos médicos, «saúde móbil», teleasistencia), 
  • bioenxeñaría,
  • tele-ensinanza,
  • administración dixital,
  •  fogar dixital,
  • deseño e control de innovacións do sector das telecomunicacións…


Área de informática:

  • deseño de computadores,
  • desenvolvemento de software (aplicacións web e móbil),
  • telemática,
  • cibernética.


Área de redes e servizos:

  • deseño, instalación e xestión de redes de datos,
  • deseño de protocolos de rede,
  • interoperatividade de redes,
  • redes de datos de alta velocidade,
  • seguridade nas comunicacións …


Área de electrónica:

  • dispositivos electrónicos de control e telecontrol, de alarma, electroacústica, electroóptica, industria eléctrica e electrónica… 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal