Dereito

ÁREAS


Asesoría:

  • asesoramento na redacción e execución de leis, regulamentos…;
  • asesoramento xurídico, laboral, comercial, fiscal e administrativo a persoas e a empresas.

Avogacía:

  • exercicio da profesión de avogado/a en todas as súas especialidades (civil, mercantil, laboral, penal, administrativo, fiscal e internacional).


Rexistrador/a da propiedade inmobiliaria. O rexistro da propiedade é a institución que ten por obxecto o rexistro da constitución, transmisión, modificación e extinción dos dereitos reais sobre bens inmobles, así como as resolucións xudiciais relativas á capacidade das persoas e aos contratos de arrendamentos e opción (dereito inmobiliario).


Notaría.


Consultoría-auditoría:

  • auditoría de calidade, laboral, redacción de documentos xurídicos.


Procurador/a:

  • a súa función é representar a súa clientela ante os xulgados e tribunais. Serve de conexión xurídico-formal entre os tribunais e a cidadanía incursos en causas xudiciais, abreviando tecnicamente os trámites dos actos de comunicación procesual (requerimientos, notificacións, emprazamentos, citacións).
  • O procurador/a examina e realiza o seguimento dos escritos que presenta no xulgado e das notificacións que posteriormente lles envía aos avogados. Tamén realiza o traslado de escritos á parte contraria no preito e informa a clientela sobre o discorrer do proceso.


Axente de cambio e bolsa:

  • persoa autorizada para asesorar ou realizar directamente investimentos ou transaccións de valores nos mercados financeiros.


SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Despachos de avogacía
  • Procuradorías
  • Consultorías
  • Ministerio fiscal
  • Xulgados
  • Rexistros
  • Asesorías
  • Empresas privadas 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal