Educación Social

ÁREAS

Educación non formal: animación de actividades extraescolares, educación para o lecer e o tempo libre, educación cívica, educación e interpretación ambiental, educación para a saúde.

Educación de persoas adultas: ensinanzas de alfabetización, educación permanente, pedagoxía da terceira idade, formación ocupacional, formación continua, preparación para a xubilación.

— Animación sociolaboral: inserción sociolaboral, información e orientación para o emprego, preparación para xubilarse, plans de formación continua, formación e orientación laboral.

Animación sociocultural: turismo social e cultural, turismo xuvenil, educación na rúa, promoción do asociacionismo da participación social, información e dinamización xuvenil, xestión cultural, desenvolvemento comunitario.

Acción socioeducativa: atención comunitaria, estudo de novas tecnoloxías e a súa aplicación educativa, educación especializada, educación familiar, intervención socioeducativa, servizos sociais de atención primaria, servizos  Penitenciarios, servizos de información e planificación familiar, dinamización e sensibilización social.

Inserción social: prevención e tratamento en toxicomanías, prevención e intervención con grupos en risco de exclusión social, protección e tutela de menores; servizos de protección e asistencia social, servizos de medidas de xustiza xuvenil, prevención e intervención ante a violencia de xénero.


SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Residencias da terceira idade
  • Cooperativas de traballo asociado
  • Centros de lecer
  • Departamentos de formación
  • Servizos socioeducativos
  • Empresas de servizos
  • ONG e fundacións
  • Asociacións (veciñais, culturais, xuvenís...)
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal