Publicidade e Relacións Públicas

ÁREAS
— Publicidade: creación, deseño e produción da comunicación publicitaria; planificación e estratexia publicitaria; mercadotecnia (comercial, promocional, merchandising, telemarqueting); realización de estudos creativos e de deseño; avaliación da eficacia das campañas publicitarias en relación cos estudos comerciais; xestión de publicidade e espazos
publicitarios.
— Medios de comunicación: redacción en medios de comunicación (prensa, radio, televisión e internet); elaboración de publicidade para os medios de comunicación; locución multimedia; realización de roldas de prensa.
— Relacións públicas: relacións públicas en medianas e grandes empresas; realización de campañas e accións que creen entre o público unha actitude favorable cara a empresas, produtos ou servizos; relacións cos medios de comunicación; asesoría de comunicación e imaxe corporativa; organización de eventos e actos públicos, organización de protocolo; comunicación corporativa en social media; xestión de intanxibles.


SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Axencias de publicidade
  • Empresas de comunicación
  • Empresas de recursos humanos e protocolo
  • Asesoría
  • Empresas de deseño gráfico
  • Medios de comunicación
  • Departamentos internos de comunicación de todo tipo de organización
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal