Traballo social

ÁREAS

— Asistencial: atención a demandas de individuos ou grupos relacionadas con necesidades sociais; orientación, información e asesoramento sobre dereitos sociais e recursos da sociedade; organización e xestión de servizos sociais; servizos de apoio e asesoramento a poboación xeral e colectivos específicos.

Prevención, promoción de situacións de inxustiza social que impidan a aparición de problemas e carencias sociais, e que promovan os dereitos humanos.

Incorporación social: en calquera poboación que se encontre nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social.

Supervisión: de equipos e servizos.

Docencia e investigación social: en relación con problemas sociais obxecto de intervención; análise e intervención no ámbito social (natureza, dimensión e prioridades, problemas e carencias, fortalezas etc.); investigación e análise dos factores condicionantes do benestar social.

Mediación: mediación familiar, social, comunitaria…

Xestión e dirección: de servizos e programas sociais e recursos humanos.

Planificación e avaliación: de programas e servizos.

Coordinación: con outros profesionais, administracións e recursos.


SAÍDAS PROFESIONAIS

— Distintos servizos da Administración central (ex., xulgados, institucións penitenciarias), da autonómica (ex., servizos sanitarios tanto en atención primaria, hospitalaria, saúde mental, menores…) e da local (ex., servizos sociais dos concellos)

— Departamentos de recursos humanos

— Centros públicos ou privados da terceira idade, etc

— Servizos educativos

— Empresas ou ONG que prestan diferentes servizos sociais (ex., prevención e tratamento de drogodependencias, atención a inmigrantes, atención a infancia en risco, a malos tratos)

— Xestión de empresas ou organizacións de servizos sociais

— Consultorio

— Asesorías

— Docencia e investigación…

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal