Servizos

 

ALOXAMENTO

Como sabes, a universidade de Vigo ten campus nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra. En cada unha delas, hai diferentes posibilidades: aloxamento nunha nas residencias propias ou concertadas da Uvigo, aloxamento en residencias privadas alleas á Uvigo ou aluguer de habitacións en pisos particulares. que ofertan os seus propietarios na nosa "bolsa de pisos". Aquí podes escoller a que prefiras:

 

 

TRANSPORTE NOS CAMPUS

  • VIGO

En Vigo a Universidade posúe dous campus. O chamado "campus histórico" está situado na propia cidade de Vigo, na rúa Torrecedeira e agrupa unha das sedes da Escola de Enxeñería Industrial e a Escola Universitaria de Estudos Empresariais. O resto das Facultades /Escolas están situadas no Campus de Lagoas-Marcosende, a 10-11 km da cidade.

Vitrasa é o servizo de buses que existe na cidade de  Vigo. Ademáis das súas liñas regulares existen dúas liñas especiais que van ao campus de Lagoas-Marcosende chamadas "lanzadeiras".  Existe unha tarxeta especial de vitrasa con tarifas reducidas para universitarios, polo que che aconsellamos solicitala. Aquí tes diversa información de interese que podes consultar para iso

                    * Como solicitar a tarxeta universitaria de vitrasa? 

                   *  Liñas que van ao campus

                   *  Resumo de horarios

 

 

  • OURENSE E PONTEVEDRA

Os campus de Ourense e Pontevedra da Universidade de Vigo están situados nas propias cidades. Así que seguramente poderás ir andando ao campus dende onde te aloxes ou usar as liñas urbanas regulares que existan en ambas cidades

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal