PROGRAMA SICUE

 

                                                  PRAZAS CURSO 16/17

 Ábrese un prazo dende a data de publicación desta primeira listaxe definitiva de concedidos ata o 22 de maio para aceptar en Secretaría Virtual a praza concedida en primeira opción. Se o alumno/a non se acepta esta praza, o programa entenderá que renuncia á mesma e esta seralle ofertada a outra persoa da listaxe de agarda. Para calquera dúbida sobre o proceso consultar en siope@uvigo.es

Ábrese un prazo para reclamar de 10 días hábiles (ata 2 de maio incluído). Podedes facelo enviando un mail a siope@uvigo.es. Unha vez rematado o prazo de reclamacións publicarase a resolución definitiva de prazas concedidas e unhas pequenas instruccións de como aceptar a praza e que facer na secretaría virtual do estudantado.

Nesa mesma secretaría virtual cada alumno pode actualmente consultar a súa asignación de prazas. Na anterior listaxe a maoires pode comprobar as demais adxudicacións. 

 

 

 

Prazo solicitude: 10 de febreiro ao 10 de marzo  A TRAVÉS DA TÚA SECRETARÍA VIRTUAL. Terías que entrar e no menú da esquerda escoller "Solicitude SICUE". Poderás elixir ata un máximo de tres opcións. Cando comeces a solicitude xa che dará a elexir só as prazas dispoñibles para a túa titulación.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

Atención!!!! Estes son os pasos do proceso unha vez feita a solicitude:

COMPROBACIÓN DE REQUISITOS

  • Terminado o prazo de solicitude, farase unha revisión para comprobar que os alumnos solicitantes cumpren os requisitos de participación esixidos na convocatoria.
  • Publicación listaxe provisional de ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO
  • Apertura de prazo de reclamacións para os alumnos excluídos provisionalmente
  • Publicación listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos. Os alumnos ADMITIDOS entrarán no proceso de adxudicación de prazas.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

  • 20 abril: PUBLICACIÓN DO LISTADO PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE PRAZAS
  • Apertura periodo reclamación: 10 días hábiles dende a publicación do anterior
  • Publicación das listaxes DEFINITIVAS DE PRAZAS ADXUDICADAS. 

 

Consulta aquí as PREGUNTAS FRECUENTES CONVOCATORIA SICUE

 

 

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal