PROGRAMA SICUE

 

                                      PRAZAS CURSO 17/18    

 

  • Forma de solicitude: Entrando con teu DNI, NIU e contrasinal na túa SECRETARÍA VIRTUAL do alumnado. 
  • Prazo de solicitude: do 10 de febreiro ao 10 de marzo
  • ¿Onde escribir ou chamar en caso de dúbidas? siope@uvigo.es ou 986-812693

 

 

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

  • Texto da convocatoria (cos requisitos que tes que cumprir para solicitar praza sicue, prazos, descrición do procedemento...etc)
  • Listado de prazas (Nota: este listado é información adicional para a túa comodidade. Cando entres na túa secretaría virtual xa deberias ver o listado correspondente á túa Facultade e Grao.

 

 

¿Como é o proceso?

  1. Prazo de solicitude
  2. Terminado o prazo anterior enviaránse aos coordinadores SICUE os listados de solicitude para que den o visto e prace as solicitudes dos alumnos da súa Facultade. Se o alumno non obtén o visto e prace do coordinador a súa solicitude quedará excluída do proceso.
  3. Comprobación por parte do SIOPE se o alumno cumpre os requisitos necesarios esixidos  na convocatoria SICUE
  4. Publicación listados de admitidos e excluídos NO PROCEDEMENTO  (non se publican aquí as concesiòns de praza, só sería se vería estás admitido porque cumples os requisitos ou non)
  5. Apertura de prazo de reclamación . IMPORTANTE: os alumnos ADMITIDOS deben comprobar, a maiores de estar admitidos, se as prazas que solicitaron figuran correctamente xa que logo non se permitirán cambios. Os alumnos excluídos poden alegar os motivos da súa exclusión
  6. Publicación listados definitivos de ADMITIDOS-EXCLUÍDOS
  7. 27 DE ABRIL- Publicación listados PROVISIONAIS  de  CONCEDIDOS
  8. Apertura de prazo para reclamar-10 días hábiles
  9. Publicación listados definitivos de CONCEDIDOS e apertura prazo de Aceptación/Renuncia

 

 

                                            

PRAZAS CURSO 16/17

 Ábrese un prazo dende a data de publicación desta primeira listaxe definitiva de concedidos ata o 22 de maio para aceptar en Secretaría Virtual a praza concedida en primeira opción. Se o alumno/a non se acepta esta praza, o programa entenderá que renuncia á mesma e esta seralle ofertada a outra persoa da listaxe de agarda. Para calquera dúbida sobre o proceso consultar en siope@uvigo.es

Ábrese un prazo para reclamar de 10 días hábiles (ata 2 de maio incluído). Podedes facelo enviando un mail a siope@uvigo.es. Unha vez rematado o prazo de reclamacións publicarase a resolución definitiva de prazas concedidas e unhas pequenas instruccións de como aceptar a praza e que facer na secretaría virtual do estudantado.

Nesa mesma secretaría virtual cada alumno pode actualmente consultar a súa asignación de prazas. Na anterior listaxe a maoires pode comprobar as demais adxudicacións. 

 

 

 

Prazo solicitude: 10 de febreiro ao 10 de marzo  A TRAVÉS DA TÚA SECRETARÍA VIRTUAL. Terías que entrar e no menú da esquerda escoller "Solicitude SICUE". Poderás elixir ata un máximo de tres opcións. Cando comeces a solicitude xa che dará a elexir só as prazas dispoñibles para a túa titulación.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

Atención!!!! Estes son os pasos do proceso unha vez feita a solicitude:

COMPROBACIÓN DE REQUISITOS

  • Terminado o prazo de solicitude, farase unha revisión para comprobar que os alumnos solicitantes cumpren os requisitos de participación esixidos na convocatoria.
  • Publicación listaxe provisional de ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO
  • Apertura de prazo de reclamacións para os alumnos excluídos provisionalmente
  • Publicación listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos. Os alumnos ADMITIDOS entrarán no proceso de adxudicación de prazas.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

  • 20 abril: PUBLICACIÓN DO LISTADO PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE PRAZAS
  • Apertura periodo reclamación: 10 días hábiles dende a publicación do anterior
  • Publicación das listaxes DEFINITIVAS DE PRAZAS ADXUDICADAS. 

 

Consulta aquí as PREGUNTAS FRECUENTES CONVOCATORIA SICUE

 

 

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal