Plan de acción titorial

 

O Plan de acción titorial (PAT) recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender ás súas necesidades formativas e informativas.

 

Supón superar o modelo tradicional de ensino universitario só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar en que confllúen tamén funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, etc;apóstase, en definitiva, polo trato máis personalizado, ademais do académico.

 

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas das alumnas e alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco de Espazo Europeo de Educación Superior.

 

Póndense consultar os PATs dos diferentes centros da universidade nestes enlaces:

 

CAMPUS DE OURENSE

 

CAMPUS DE PONTEVEDRA

 

CAMPUS DE VIGO

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal