Participa

iconos representacion estudiantil_derechosDereitos e deberes
dos representantes

 

 

REPRESENTACIÓN ESTUDANTADO: Regulamento do estudante da UVIGO


Tódolos estudantes da Universidade de Vigo teñen dereito a participar nos órganos de goberno da universidade, dos centros e dos departamentos, mediante a elección dos seus representantes. Serán electores/as e elixibles tódolos que reúnan os requisitos establecidos no art. 2.1 do presente regulamento, nos termos que sinale a normativa electoral.


Son representantes dos estudantes os que, sendo elixidos a través dos diferentes procesos electorais, forman parte dos órganos colexiados de goberno da universidade: Consello Social, Claustro, Xunta de Goberno, Xunta de Centro (Escolas e Facultades), Consello de Departamento, Consello de Campus e as súas Comisións.


Os representantes canalizarán as propostas, queixas e reclamacións que realicen os estudantes diante dos órganos da universidade, sen prexuízo do dereito de calquera estudante a formulalas directamente.


No seo dos centros da Universidade de Vigo, os estudantes, sen mingua dos dereitos individuais dos representantes, poderán crear delegacións de alumnos/as das que formarán parte, polo menos, os representantes dos estudantes do centro nos órganos de goberno da universidade.
 

Claustro

O Claustro universitario é o máximo órgano de representación e control da comunidade universitaria.
O Claustro da universidade de Vigo estará composto por douscentos cincuenta e catro (254) membros :

  • reitor/a, que o presidirá, o secretario/a xeral e o/a xerente.
  • 128 representantes do profesorado numerario doutor (51 %)
  • 23 representantes do restante persoal docente e investigador (9 %)
  • 75 representantes do alumnado (30 %)
  • 25 representantes do persoal de administración e servizos (10 %)

 

Consello Social

O Consello Social está integrado por un máximo de 31 membros:

 

  • Reitor, a secretaria xeral e o xerente da UVigo.
  • En representación del Consello de Goberno de la Universidade: un profesor, un estudiante y un representante del personal de administración y servicios.
  • En representación dos intereses sociais: o presidente do Consello Social, seis membros designados polo Parlamento de Galicia, seis membros designados pola Xunta de Galicia, un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da comunidade autónoma de Galicia, catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado pola Asociación de Antigos Alumnos; un membro designado polos colexios profesionais a través da súa entidade asociativa máis representativa e un membro designado por cada unha das tres corporacións municipais onde se localizan os campus.

Consello de Goberno

É o órgano de goberno da Universidade e está composto por 56 membros con voz e voto:

  • O reitor/a, que o preside, o secretario/a xeral, o/a xerente
  • 15 membros designados polo reitor/a, entre os que debe haber representación de todos os sectores da comunidade universitaria
  • 20 membros elixidos polo Claustro dos que 8 son estudantes
  • 15 membros elixidos polo Claustro entre decanos/as, directores/as,...
  • 3 membros do Consello Social que non sexan membros da comunidade universitaria

 

Consello de campus

 

É o órgano colexiado de coordinación e representación do campus. Está composto por:

a) O presidente, que será o reitor da Universidade.

b) Un vicerreitor.

c) Todos os decanos ou directores dos centros do Campus.

d) Cinco profesores, elixidos por e entre os claustrais do mesmo sector e Campus, dos que polo menos un non sexa funcionario. Garantirase que haxa polo menos un representante de cada ámbito científico presente no Campus, no caso de que haxa candidatos.

e) Cinco estudantes, elixidos por e entre os claustrais do mesmo sector e Campus, entre os que haberá polo menos un por cada ámbito científico presente no Campus, no caso de que haxa candidatos.

f) Os dous membros do persoal de administración e servizos do Campus máis votados nas eleccións ao Claustro no Campus correspondente.

          Consello do Campus de Pontevedra

          Consello do Campus de Ourense

 

Xunta de Centro

 

 É o órgano colexiado de representación e de decisión do Centro. Está composta por:

a) Equipo decanal ou directivo

b) Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da Xunta

c) Unha representación do PDI sen vinculación permanente que será o 9% da Xunta

d) Unha representación do alumnado, que será o 30%

e) Unha representación do PAS que será o 10%

Os membros electos serán renovados cada 2 anos. Pódese consultar os membros na web de cada Centro

 

Xunta de Titulación

Son os órganos encargados de elaborar, aprobar e modificar as propostas de plan de estudos. A súa composición é análoga en proporcións as Xuntas de Centro.

 

Consello de Departamento

 

É o órgano colexiado de representación e decisión do departamentos. Está composto por:

a) Tódolos doutores/as membros do departamento

b) O resto do PDI a tempo completo

c) Un 20% do PDI a tempo parcial non doutor, sempre que non supere o 10% do total dos membros

d) Unha representación do alumnado, que será o 25% do total dos membros, e a metade serán de terceiro ciclo

e) Unha representación do PAS que será o 9% do total dos membros.

Os membros electos serán renovados cada 2 anos. Pódese consultar os membros na web de cada Departamento.

 

Tribunal de Garantias

O Tribunal de Garantías é o comisionado do Claustro da Universidade de Vigo para a defensa dos dereitos dos membros da comunidade universitaria. Está composto por 9 membros dos que 2 son estudantes.
 

Comisión de calidade do centro

 

É o órgano de planificación e seguimento do Sistema de Garantía interno de calidade do Centro. O número de membros establécese no Manual de calidade do centro.

 

CAMPUS DE OURENSE


Escola Superior de Enxeñaría Informática
Escola Universitaria de Enfermería
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias da educación
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Facultade de Dereito
Facultade de Historia

 

CAMPUS DE PONTEVEDRA


Centro Universitario da Defensa (Marín)
Escola de Enxeñería Forestal
Escola Universitaria de Enfermería
Facultade de Belas Artes
Facultade de Ciencias da educación e do deporte
Facultade de Ciencias sociais e da comunicación
Facultade de Fisioterapia

 

CAMPUS DE VIGO


Escola de Enxeñería de Telecomunicación
Escola de Enxeñería Industrial
Escola de Negocios Afundación
Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía
Escola de Enfermería Meixoeiro
Escola de Enfermería de POVISA
Escola Universitaria de Estudos Empresariais
Escola Universitaria de Maxisterio
Facultade de Bioloxía
Facultade de Ciencias do Mar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias xurídicas e do traballo
Facultade de Filoloxía e Traducción
Facultade de Química
 

"Consejo de Estudiantes Universitario del Estado"


No artigo 47, o Estatuto establece e natureza e adscrición do Consejo de Estudiantes Universitario del Estado.

"El Consejo de Estudiantes Universitario del Estado é o órgano de deliberación, consulta e participación das e dos estudantes universitarios perante o Ministerio de Educación. El Consejo de Estudiantes Universitario del Estado adscribe-se ao Ministerio de Educación a través da Secretaría General de Universidades."

No artigo 48 establece-se a súa composición, que terá, entre outros, e tocante ás e os estudantes, os seguintes representantes:

a) Un/unha estudante representante de cada unha das universidades españolas, públicas e privadas. Nas universidades nas que exista Consejo de Estudiantes, ou órgano equivalente de representación estudiantil, a representación recaerá no seu Presidente/a, ou figura equivalente. Nas universidades nas que non exista Consejo de Estudiantes, a/o representante será nomeada polo Consello de Goberno a proposta dos/as estudiantes eleitos do mesmo.

b) Un/unha representante, estudiante universitario/a, de cada una das confederacións e federacións de asociacións de estudiantes con presencia no Consejo Escolar del Estado.

c) Un/unha representante, estudiante universitario/a, de cada un dos Consejos Autonómicos de Estudiantes que estean constituidos ou que se constituan no futuro.

d) Tres representantes, estudiantes universitarios/as, pertencentes a confederacións, federacións e asociacións de estudiantes que persigan intereses xeráis e non estean representadas pola vía do punto b) anterior, a razón dun/dunha representante por entidade.

O Reglamento del Consejo de Estudiantes Universitario del Estado concretará o sistema de designación destos representantes.

Dos representantes estudiantís e, elixido polo Pleno, un/unha será Vicepresidente/a segundo do Consejo de Estudiantes Universitario del Estado.

Atenderá-se ao principio de presencia equilibrada de mulleres e homes na composición do Consejo nos termos previstos no artigo 54 da Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.

Entre as funcións deste “Consejo de Estudiantes Universitario del Estado”, están:
-Informar os criterios das propostas políticas do Goberno en materia de estudantes universitarios e naquelas materias para as que sexa requirido informe do Consejo.
-Ser interlocutor peranter o Ministerio de Educación nos asuntos que atinxan aos e as estudantes.
-Contribuir activamente na defensa dos dereitos dos e das estudantes, cooperando coas súas Asociacións e órgaos de representación.
-Velar pola axeitada actuación dos órganos de goberno das universidades no que se refire aos dereitos e deberes do estudantado establecidos nos Estatutos de cada unha delas.
-Recibir e ser cauce, no seu caso, das queixas que lle presenten os e as estudantes universitarios.
-Colaborar cos e coas Defensores e Defensoras Universitarios/as na garantía dos dereitos do estudantado das universidades españolas.
-Establecer relacións con outras institucións e entidades para a promoción e desenvolvemento dos seus fins institucionáis.
-Elevar propostas ao Goberno en materias relacionadas coa súa competencia.
-Coñecer os informes relativos ao mapa de titulacións.
-Estar representado e participar na fixación de criterios para a concesión de bolsas e outras axudas destinadas a estudantes no ámbito da competencia do Estado.
-Fomentar o asociacionismo estudiantil e a participación de estudantes na vida universitaria.
-Velar e fomentar a igualdade entre mulleres e homes no ámbito universitario.
-Velar polo cumprimento do Estatuto.
 

CONTACTO: Se tes calquera dúbida, siope@uvigo.esfacebook2

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal